
• A comezos deste mes, a veciñanza do barrio do Casar dispón dun novo servizo. Trátase dunha marquesiña, que dá servizo, entre outros, aos usuarios da parada do autobús escolar. Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, esta instalación responde ás demandas dos veciños do barrio, para protexer das inclemencias meteorolóxicas aos viaxeiros das rutas de autobús local e escolar.
CARACTERÍSTICAS DA ACTUACIÓN
A marquesiña está construída en madeira de abeto con ocos acristalados, e teito de material illante para auga. A súa colocación estivo a cargo dunha empresa local. Para a instalación do corpo da marquesiña, foi preciso ampliar a beirarrúa nun treito de 5 metros, duplicando a súa anchura. Os traballos foron realizads pola brigada municipal de obras.
O coste total da intervención superou os 2.000 euros.•