O Concello coloca a marquesiña solicitada pola veciñanza do barrio do Casar

O alcalde de Monforte, José Tomé, conversa cos primeiros usuarios da nova marquesiña instalada no barrio do Casar, e que dará servizo, entre outros, aos viaxeiros do bus escolar. GPCM.
O alcalde de Monforte, José Tomé, conversa cos primeiros usuarios da nova marquesiña instalada no barrio do Casar, e que dará servizo, entre outros, aos viaxeiros do bus escolar. GPCM.

• A comezos deste mes, a veciñanza do barrio do Casar dispón dun novo servizo. Trátase dunha marquesiña, que dá servizo, entre outros, aos usuarios da parada do autobús escolar. Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, esta instalación responde ás demandas dos veciños do barrio, para protexer das inclemencias meteorolóxicas aos viaxeiros das rutas de autobús local e escolar.
CARACTERÍSTICAS DA ACTUACIÓN
A marquesiña está construída en madeira de abeto con ocos acristalados, e teito de material illante para auga. A súa colocación estivo a cargo dunha empresa local. Para a instalación do corpo da marquesiña, foi preciso ampliar a beirarrúa nun treito de 5 metros, duplicando a súa anchura. Os traballos foron realizads pola brigada municipal de obras.
O coste total da intervención superou os 2.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Brillo de metais no comezo do curso para os de Neka

Seguinte Nova

Monforte, capital cultural no remate do Ano Manuel María e no aniversario cervantino

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: