• Para o programa que vai de outubro a decembro • A programación inclúe actividades para maiores de 14 anos, e para maiores de 65
• O Concello de Monforte está a ofertar un total de 110 prazas nas actividades do programa Activa Monforte, que se desenvolverán dende este mes ata finais de ano. Todas as actividades son gratuítas.
BENESTAR E LECER PARA TODOS
O programa inclúe actividades para maiores de 14 anos, con baile, manualidades e informática. Tamén ofrece actividades para maiores de 65 anos, que poden escoller entre ximnasia, piscina, memoria, e risoterapia.

INSCRICIÓNS
As sesións desenvólvense no Centro Cívico Social do Malecón, onde tamén se formalizará a matrícula. Para as inscricións, hai que presentar a solicitude cuberta máis unha fotocopia do DNI e dun certificado de empadroamento. O horario de oficina é de 9 a 14 horas.

PARTICIPACIÓN E ENCONTRO INTERXERACIONAL
Segundo destacou a concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, o obxectivo do Concello co programa Activa Monforte «é promover a participación dos veciños, así como posibilitar espazos de encontro entre xeracións».