O IES Daviña Rey recibiu en Santiago o premio Plan Proxecta de Innovación

De esquerda a dereita, o director do IES Daviña Rey, Isaac González; a xefa territorial de Educación en Lugo, Mª Carmen Gueimunde; o conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez; e o grupo de profesores do IES Daviña Rey premiados: Luis Vázquez, profesor de Informática; Mª Jesús Casado, coordinadora e profesora de Matemáticas; e Gema Gandón, profesora de Educación Física. (Foto cedida).

•O 11 de outubro, o IES Daviña Rey recibiu en Compostela o Premio Proxecta de Innovación Educativa, unha iniciativa promovida pola Consellería de Educación, en colaboración con diversos organismos. Nesta cuarta edición, na que participaron un total de 49 centros educativos, foron recoñecidos oito proxectos, entre eles, o elaborado polo instituto monfortino, que resultou galardoado co primeiro premio na categoría de ensino secundario.
PREMIO Á «IMPLICACIÓN DOS CENTROS NA MELLORA EDUCATIVA»
O director do IES Daviña Rey, Isaac González, acompañou en Santiago aos docentes premiados, Luis Vázquez, profesor de Informática, Gema Gandón, de Educación Física, e Mª Jesús Casado, coordinadora do proxecto e profesora de Matemáticas. Os premiados recolleron o seu galardón de mans do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez.
O conselleiro en funcións  cualificou o Plan Proxecta como «unha porta aberta á transformación, innovación e mellora do noso sistema educativo». Rodríguez gabou a labor dos centros premiados «pola implicación dos seus alumnos, profesores e directivos na promoción dunha aprendizaxe activa e na súa contribución decisiva na mellora da calidade educativa».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medra nun 87% a participación no programa Viñobús da Vendima

Seguinte Nova

Seminario en Monforte para o sector do turismo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: