Obradoiro de conservas artesanais para celebrar o Día da Muller Rural en Monforte

• O 15 de outubro conmemórase o Día Internacional da Muller Rural, e para celebralo, a Concellería de Igualdade de Monforte a través do CIM organiza un obradoiro de elaboración artesanal de conservas.
MÁIS PRAZAS E HORAS POLO GRAN ÉXITO DO ANO PASADO
Esta iniciativa xa se levou a cabo o ano pasado, acadando un gran éxito de participación. Por ese motivo, dende o Concello de Monforte decidiron aumentar o número de prazas e o tempo de realización. Deste xeito, o obradoiro terá lugar en dúas sesións, os días 14 e 21 de outubro, de 16,00 a 20,00 horas, no local de Cáritas Monforte, situado no número dous da rúa Costa da Pena. As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse no teléfono do CIM 982 416 350, ou no enderezo cim@concellodemonforte.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reflexión multidisciplinar en Chantada sobre os novos usos das TIC na infancia e adolescencia

Seguinte Nova

As «Paisaxes Sacras», de Guillermo López Mao, no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: