Reclaman para as rutas xacobeas por Lugo máis sinalización, maior seguridade, e xestión como elementos culturais

• Son algunhas das conclusións da I Mesa Provincial dos Camiños de Santiago, constituída pola Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo

A I Mesa Provincial dos Camiños de Santigo celebrouse en Lugo o 29 de setembro. GPDL.
A I Mesa Provincial dos Camiños de Santigo celebrouse en Lugo o 29 de setembro. GPDL.
• O pasado 29 de setembro, constituiuse a I Mesa Provincial dos Camiños de Santiago, na sede da Deputación de Lugo. Esta iniciativa, impulsada por Turismo de Galicia ao abeiro do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, e acollida pola Deputación lucense, ten como obxectivo poñer en valor as rutas xacobeas de maneira coordinada entre todas as administracións e os demais axentes implicados. A Mesa Provincial lucense foi a terceira que se constituiu, despois das de Pontevedra e Ourense.
CATRO RUTAS XACOBEAS OFICIAIS PASAN POLA PROVINCIA DE LUGO
A Mesa Provincial de Lugo estivo integrada por representantes dos 30 municipios polos que pasan as rutas xacobeas na nosa provincia, ademáis de 14 asociacións lucenses, e ducias de profesionais e expertos vinculados ao mundo xacobeo. No acto de constitución, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, explicou que o obxectivo desta iniciativa é “saber de primeira man cales son as necesidades existentens ao pé dos Camiños”, para o que é necesario “a implicación de todos os axentes”. Campos Conde lembrou que pola nosa provincia pasan catro rutas xacobeas, Camiño do Norte, Primitivo, Francés e de Inverno, ademais da ruta do Mar, investigada e documentada, aínda que non conta coa categoría de oficial. “Todo isto amosa a importancia do Xacobeo para o impulso económico e cultural da nosa provincia”, suliñou Campos Conde.
MESAS DE TRABALLO POR RUTAS E AXENTES REPRESENTADOS
Unha vez configurada a mesa provincial, tivo lugar o acto de constitución das mesas sectoriais dos Camiños de Santiago.
Deste xeito, desenvolvéronse tres mesas de traballo, unha institucional, outra formada polas asociacións xacobeas e, por último, unha mesa técnica. As conclusións conxuntas presentadas ao remate das reflexións en cada unha das mesas apuntaron a aspectos organizativos, informativos e de xestión.
RECUPERAR OS “MOJÓNS” E MELLORAR A SINALIZACIÓN
Así, determinouse a necesidade de mellorar e homoxeneizar a sinalización oficial dos Camiños de Santiago, e recuperar os “mojóns” antigos, co fin de poñelos en valor como pezas artísticas. Tamén se defendeu o reforzo na seguridade nas rutas para protexer aos peregrinos, e a elaboración de plans integrais de acondicionamento das Rutas. Así mesmo, os participantes acordaron apostar polo impulso da formación dos hostaleiros e profesionais turísticos do Camiño.
POÑER EN VALOR A FIGURA DE ELÍAS VALIÑA, E O ESPÍRITU DO CAMIÑO
En canto ao concepto cultural e patrimonial do Camiño de Santiago, a mesa provincial acordou a posta en valor da figura de Elías Valiña, e o impulso da investigación histórica, cultural e patrimonial. Tamén reclamaron un cambio na concepción do Camiño de económico-turístico a cultural, para protexer a súa identidade como elemento sustancialmente cultural.
XESTIÓN DENDE CULTURA E NON DENDE TURISMO
A nivel organizativo, os acordos da xuntanza lucense concretaron a creación dun marco regulador para a realización das Mesas Provinciais dos Camiños, a integración dos Camiños nas Áreas de Cultura das diferentes administracións implicadas, a creación dun ente para a supervisión directa das modificacións nos Camiños, e a posta en marcha dunha Rede Museística na que se inclúan todos os pequenos museos e centros de interpretación que se atopan ao pé dos Camiños. Por último, apostaron polo fomento do intermunicipalismo para ofrecer unha atención estándar ao peregrino.•

• Na Mesa participaron os 30 concellos polos que discorren os Camiños na nosa provincia, así como 14 asociacións lucenses e ducias de profesionais e especialistas no mundo xacobeo

• MESAS DE TRABALLO POR RUTAS E AXENTES REPRESENTADOS
Na xuntanza, formalizáronse tres mesas de traballo para dar voz a todos os participantes na elaboración da estratexia provincial de cara ao Ano Xacobeo 2021. Dentro da mesa institucional, constituíronse catro grupos, correspondentes a cadansúa ruta xacobea. A mesa do Camiño Francés contou coa presenza dos alcaldes de Samos, Triacastela, Sarria e Paradela, entre outros, mentres que a do Camiño de Inverno estivo constituída polos rexedores de Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Sober, Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Chantada.
Pola súa banda, na mesa das asociacións estiveron presentes, entre outros colectivos, Amigos do Camiño na Comarca de Sarria, Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra, Asociación Provincial de Hostalería e Lugo Patrimonio.
Para a mesa de técnicos, foron convocados especialistas de diferentes áreas, para obter un informe no que se detallen as necesidades existentes nos diferentes Camiños.

Actuacións a prol do Camiño nos últimos anos

• No acto de constitución da Mesa Provincial, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, lembrou as actuacións que Turismo de Galicia leva desenvolvido nos últimos tempos na provincia de Lugo respecto das rutas xacobeas. En canto ao aloxamento, destacou a aposta pola Rede Pública de Albergues coa rehabilitación da Casa de Pasarín para a súa conversión en albergue de peregrinos na Fonsagrada, o acondicionamento do albergue de Ferreiros en Paradela, ou a dotación de rede wifi. Sánchez Bargiela tamén suliñou a recuperación e sinalización do Camiño Francés adaptada á delimitación oficial, o traslado do Centro de Interpretación do Camiño Norte en Mondoñedo, a posta en marcha de programas de cultura xacobea como Cultura no Camiño ou Vive o Camiño, e outras accións formativas e de promoción en torno ás rutas xacobeas. Por outra banda, este mes reiniouse a actividade da Escola de Turismo Itinerante de Turismo de Galicia para formar aos profesionais da hostelería, cun novo módulo formativo sobre Atención ao Cliente, incluído no programa “Profesionalización no Camiño” do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago.
Pola súa banda, os responsables da Deputación lembraron o traballo constante deste organismo na promoción e impulso das rutas xacobeas dende hai tempo. No ano 1983 creouse o Consello de Cultura da Deputación de Lugo, no que se atopa a orixe do redescubrimento dos Camiños históricos, e en 1986 a Deputación puxo en marcha a I Semana de Estudos Históricos, baseada no “Camiño Francés” redescuberto por dito grupo de traballo. O organismo provincial propiciou tamén a delimitación das rutas Norte, Primitiva e Sur grazas a un grupo de investigación xurdido en 1991 no seo do Consello de Cultura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Primeira retrospectiva en Galicia da obra do pintor e arquitecto chantadino Manuel Jorge

Seguinte Nova

II Outono Musical en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: