Reflexión multidisciplinar en Chantada sobre os novos usos das TIC na infancia e adolescencia

• O encontro sobre educomunicación e tecnociencia celebrouse no IES Val do Asma a finais do mes pasado

O coloquio desenvolveuse no IES Val do Asma de Chantada o 23 e 24 de setembro. A inauguración contou coa presenza do alcalde, Manuel Varela, e os responsables da organización de Nova Escola Galega. EC
O coloquio desenvolveuse no IES Val do Asma de Chantada o 23 e 24 de setembro. A inauguración contou coa presenza do alcalde, Manuel Varela, e os responsables da organización de Nova Escola Galega. EC
• Do 23 ao 24 de setembro, Chantada converteuse no centro de reflexión sobre as posibilidades da comunicación e das TIC en educación. Profesionais de diversas disciplinas participaron en Pingueira, un encontro en torno á educomunicación e a tecnociencia, organizado pola asociación educativo-cultural Airoá Comunicación e Nova Escola Galega.
CONFERENCIAS, DEBATES E SAÍDAS DE CAMPO
As sesións, que se desenvolveron nas instalacións do IES Val do Asma de Chantada e no Ecomuseo de Arxeriz, incluíron tanto presentación de proxectos pedagóxicos como saídas de campo e ciclos de intercambio e debate. Previamente, o xoves 22 celebrouse un coloquio sobre novos usos e novos hábitos de consumo das pantallas, dirixido a nais e pais, sobre o emprego das TICs na infancia e adolescencia.
NA BUSCA DA MELLORA EDUCATIVA
Segundo explicaron os responsables de Airoá Comunicación, o obxectivo do encontro Pingueira foi traballar en torno á problemática da educación no mundo actual, e como os axentes sociais e os profesionais dos distintos eidos poden contribuír a construír unha educación pública actual que atenda á diversidade e promova a excelencia.
Entre os poñentes, figuraron Irene Lapuente, de La Mandarina de Newton; Francesc Josep Deó, de Aula Média; Deborah García Bello, de Dimetilsulfuro; Tucho Méndez, de Bricolabs; Javier Conde, do IES Lama das Quendas; Manolo González, de ClipHistoria; Xosé Manuel Rosales, de Proxecto Terra; José Antonio Quiroga, do Ecomuseo de Arxeriz; Rita González, pedagoga crítica; Silvia Villar, da Casa Colorida; ou o Colectivo Velaísca, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Loida López expón a súa obra pictórica en Ferreira

Seguinte Nova

Obradoiro de conservas artesanais para celebrar o Día da Muller Rural en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: