Retoman as actividades socioculturais en Sober

• Sober recupera o intenso ritmo de actividades socioculturais coa chegada do outono, logo do descanso polo verán.
VOLVEN OS FALADOIROS DOS LUNS
Os Faladoiros dos Luns comezaron a súa terceira tempada o pasado 26 de setembro, cunha sesión semanal os luns ás 16,30 horas no Centro Sociocultural de Sober. Esta actividade, xurdida na Biblioteca Municipal en 2014, arrancou pola proposta dun grupo de persoas adultas dispostas a contar e compartir experiencias e saberes como un modo de preservar as tradicións.  Calceta, receitas, costura ou adornos de Nadal son algunhas das actividades que foron desenvolvidas nos Faladoiros dos Luns.
CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA DE SOBER
Por outra banda, o Club de Lectura Pintor de Castinande inicia a súa novena tempada de actividade, comentando libros e aportando un espazo de lecer conxunto en torno á lectura. As sesións do Club de Lectura teñen lugar todos os mércores, a partir das 19,00 horas, na Biblioteca Municipal de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Curso de fotografía dixital en Monforte

Seguinte Nova

Teatro en Monforte o día 20

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: