Xornada de lecer e creatividade en Bóveda o sábado 15 de outubro

•Ao longo da tarde do sábado, terá lugar a inauguración de varias propostas culturais no Centro Sociocultural de Bóveda •Ademais, o público poderá disfrutar dunha sesión de teatro para todos os públicos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O sábado 15 de outubro será un día de intensa actividade en Bóveda. Fotografía, teatro e artesanía compoñen unha programación para disfrutar dunha tarde de outono, e dar paso ás actividades que terán continuidade nos vindeiros días no Centro Sociocultural do municipio.
A xornada comezará ás catro da tarde, co arranque do curso de iniciación  á cerámica. Este curso, totalmente gratuíto, está subvencionado polo Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente da Deputación de Lugo. Con este curso, o Concello de Bóveda volve a reservar espazo para a artesanía e a creatividade, seguindo a experiencia do pasado ano, co éxito de participación do curso de elaboración de tapices en alto lizo.
Xa ás cinco, terá lugar a inauguración da exposición fotográfica “NBA:Nós Ben Arranxamo”, asinada polo fotógrafo de prensa Roi Fernández, na que recolle singulares imaxes de canastas de baloncesto ideadas con materiais diversos, e fotografadas ao longo do rural galego. A inauguración irá acompañada dunha recepción con café e infusións, como é costume no Centro Sociocultural de Bóveda.
Para rematar, ás seis e media comezará a representación teatral da comedia “Entre zánganos e flores”, a cargo do grupo de teatro Lucho do Hospital Xeral Calde, dentro do programa provincial Buxiganga afeccionado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda, entre os concellos beneficiados polas axudas da Xunta para mellorar os equipamentos culturais

Seguinte Nova

Bóveda súmase ao colectivo «Lemos Le» no Día da Biblioteca

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: