80 emprendedores recibirán asesoramento gratuíto no IV Campus de Emprendemento Sostible

•As anteriores edicións desta iniciativa da Deputación para o fomento de emprego axudou á creación ou mellora de 13 establecementos na provincia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, na presentación do Campus, xunto a algúns dos emprendedores que participaron en edicións anteriores. GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, na presentación do Campus, xunto a algúns dos emprendedores que participaron en edicións anteriores. GPDL.

 

• A Deputación de Lugo está a poñer en marcha a cuarta edición do Campus de Emprendemento Sostible, unha iniciativa dentro do plan de emprego do organismo provincial, a través do cal ofrece formación e asesoramento aos emprendedores que queiran abrir un negocio ou mellorar un xa existente.
Na presentación do Campus o presidente da Deputación de Lugo, Darío  Campos Conde, dirixiuse aos emprendedores que participaron nas edicións anteriores deste ciclo formativo, e que comentaron as aportacións do Campus ao seu proxecto empresarial. «Sodes a esencia deste programa», precisou Campos Conde, quen lembrou que «todas as iniciativas que poñemos en marcha dende a Deputación son para as persoas, para mellorar a súa calidade de vida».
O Campus de Emprendemento Sostible ofrece, de xeito gratuíto, formación, asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre iniciativas xa en marcha para que os emprendedores poidan abrir os seus negocios ou reconverter os que xa teñen.
Como novidade, tres dos catro cursos que compoñen o Campus desenvolveranse nos tres centros de formación profesional que ofrecen ciclos superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural. Estes cursos, destinados a un mínimo de 60 alumnos, ofrecerán formación teórica e prática, así como visitas a empresas lucenses do sector.•

●ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL
O cuarto curso do IV Campus de Emprendemento Sostible vai dirixido ás persoas que xa teñen avanzada a súa idea de negocio. Desenvolverase durante a semana do 21 de novembro no Centro de Interpretación de Terras do Miño. A actividade ofrece 20 prazas, con formación teórico-prática e visitas a empresas. Os interesados poden obter información e a documentación para inscribirse no banner do portal www.deputacionlugo.gal.●

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación aprobou axudas por un total de 240.000 euros para sufragar gastos culturais e deportivos dos Concellos

Seguinte Nova

Magosto-pancetada en Pantón o día 12 de novembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: