• Denuncian que non se tomou ningunha medida neste Ben de Interese Cultural dende que se detectaran as fendas no mes de agosto
• A mediados de outubro, a Asociación Veciña do Saviñao enviou un escrito á Consellería de Cultura reclamando a intervención da Xunta no problema das fendas que presenta a estructura da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.
FENDAS EN VARIOS PUNTOS
Segundo explica no seu escrito, este colectivo veciñal tivo constancia da situación de deterioro deste Ben de Interese Cultual (BIC) o pasado mes de agosto. O deterioro afecta á estructura do edificio, xa que se evidenciaron fendas “de tamaño considerable” en tres puntos da parede da escaleira de caracol que dá acceso ao rosetón da fachada principal. Dende o colectivo veciñal denuncian que as gretas “non se atopan seladas nin se aprecia ningún sinal de xeso nelas indicativo dun seguemento das mesmas para determinar se permanecen activas”.
Os firmantes do escrito referiron tamén a existencia de fendas similares na zona interna da ábsida e ventá lateral, ademais de gretas nas arquivoltas que decoran a fachada principal desta “xoia representativa do románico da Ribeira Sacra no municipio de O Saviñao”.
Dado que as competencias en materia patrimonial corresponden á Xunta, dende esta asociación solicitaron ao organismo autonómico unha “urxente” avaliación técnica destes danos.•