A Deputación aprobou axudas por un total de 240.000 euros para sufragar gastos culturais e deportivos dos Concellos

•Van destinadas aos 66 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes •As axudas serán para actividades culturais, actividades deportivas e melloras en instalacións culturais •Cada concello recibirá entre 3.000 e 5.000 euros en total •A Deputación anticipará aos concellos o 90% da contía de cada achega

O Executivo provincial aprobou na Xunta de Goberno do pasado 21 de outubro as tres liñas de axudas a Concellos para gastos culturais, deportivos e de mellora de instalacións culturais.  GPDL.
O Executivo provincial aprobou na Xunta de Goberno do pasado 21 de outubro as tres liñas de axudas a Concellos para gastos culturais, deportivos e de mellora de instalacións culturais. GPDL.
• O Goberno provincial aportará aos concellos unha nova inxección económica, cun montante total de 240.000 euros distribuído en tres liñas de axudas. A medida, que foi aprobada na Xunta de Goberno celebrada o 21 de outubro, beneficiará aos 66 concellos da provincia de Lugo con menos de 20.000 habitantes. Segundo explicou o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, estas axudas van destinadas a sufragar gastos correntes derivados da organización de actividades culturais e deportivas, e tamén para adquirir equipamentos e realizar melloras nas instalacións culturais dos concellos. Cada unha destas tres liñas de axudas conta cunha partida de 80.000 euros.
CRITERIOS OBXECTIVOS PARA DISTRIBUIR OS FONDOS
Álvaro Santos explicou que as achegas serán para todos os concellos agás o de Lugo. Cada un dos concellos recibirá tres subvencións, que suporán un importe total de entre 3.000 e 5.000 euros por municipio. Para o cálculo e distribución das partidas, o Goberno provincial aplicou criterios «totalmente obxectivos», segundo precisou Santos Ramos, e que teñen en conta os baremos de número de habitantes, superficie do municipio, entidades de poboación, esforzo fiscal, equipamentos culturais existentes, instalacións deportivas e clubes deportivos.
CONTÍAS POR MUNICIPIO E OBXECTO DA AXUDA
En canto á distribución dos fondos nas tres liñas de axudas, o Goberno provincial estableceu un límite de entre 1.000 e 1.600 euros por concello para sufragar os gastos correntes pola celebración de actividades culturais, como poden ser programacións de cine ou teatro, entre outras.
En canto ás axudas para equipamento e melloras das instalacións culturais, outorgarase un mínimo de 1.000 euros e un máximo de 1.600 por concello para adquirir materiais como proxectores, sistemas de audio ou de iluminación, ou elementos escénicos, así como para realizar pequenas obras en bibliotecas, museos, centros sociais ou casas da cultura, sempre que sexan de titularidade municipal.
Por último, as axudas para financiar os gastos correntes vinculados á organización de actividades deportivas rondarán entre os 1.000 e 1.800 euros por concello. Dentro desta liña de achegas, poderán incluírse a celebración de campionatos e competicións, e tamén o funcionamento das escolas deportivas municipais.
Para a concesión destas axudas, os concellos deberán presentar as súas propostas nun prazo que se abrirá en breve. Unha vez completado este trámite, a Deputación aprobará un convenio con cada un dos 66 concellos, de acordo coas súas solicitudes.
A DEPUTACIÓN ANTICIPARÁ UN TOTAL DE 216.000 EUROS
O vicepresidente destacou que, como está a producirse en todas as programacións promovidas polo Goberno provincial, tamén neste caso a Deputación vai ofrecer aos concellos un anticipo do 90% da axuda que lle corresponde, e que suporá unha inxección directa aos municipios de 216.000 euros.●

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Outono activo na natureza co programa “A caída da folla na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

80 emprendedores recibirán asesoramento gratuíto no IV Campus de Emprendemento Sostible

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: