• O Concello de Sober ten aberto ata o 24 de novembro o prazo para solicitar as becas de axuda ao transporte universitario.
Os interesados deberán presentar no Concello ou na Oficina de Información Xuvenil a documentación correspondente, que incluirá un certificado de matrícula na Universidade na que se cursen estudos, o certificado de número de conta bancaria, e o de empadroamento do beneficiario. •



