• A segunda semana de outubro, entrou en funcionamento o ximnasio municipal de Sober. A instalación está aberta os martes e xoves de 17,30 a 20,30 horas, aínda que está previsto ampliar este horario en novembro. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, lembrou que o ximnasio municipal conta cunha sala de usos múltiples, e outra específica dotada con bancos de musculación, bicicletas estáticas e elípticas, e cintas de correr, entre outras. O acceso ás instalacións é gratuíto.
XIMNASIA PARA MAIORES NA CAPITALIDADE E NAS PARROQUIAS
Tamén en outubro comezou a actividade gratuíta de ximnasia de mantemento para maiores, que se desenvolve no ximnasio municipal na capitalidade, e tamén nos locais sociais das parroquias. O alcalde lembrou que esta actividade, ademais de promover o benestar físico, “tamén axuda a que os usuarios se sintan activos, e funciona de punto de encontro e de relacións sociais”.
As inscricións poden realizar no Centro Sociocultural.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
O Club Quixós, vén de conseguir un novo éxito para o piragüismo monfortino, ao conseguir proclamarse
Aínda que o repetimos con moita frecuencia, temos que volver resaltar o enorme mérito que ten
O Val de Lemos senior está a disputar a fase de ascenso a segunda autonómica, e
Unha vez obtido o campionato de liga, os chantadinos xa coñecen aos seus primeiros rivais na
Despois de tres anos de parón celebrouse o Desafío Courel que recorreu o Xeoparque Montañas do