Actividades infantís, xornadas micolóxicas e mercado de produtos de tempada integran o programa «Outono na Praza»

•O Concello de Monforte pon en marcha este programa para promover a Praza de Abastos, na que se desenvolverán as actividades

O programa "Outono na Praza" desenvolverase dende finais de outubro ata mediados de novembro na Praza de Abastos de Monforte.  GPCM
O programa «Outono na Praza» desenvolverase dende finais de outubro ata mediados de novembro na Praza de Abastos de Monforte. GPCM

 

• O Concello de Monforte vai aproveitar o outono e as súas posibilidades lúdicas e gastronómicas para promover e difundir a Praza de Abastos. Así o anunciou o alcalde, José Tomé, na presentación do programa «Outono na Praza», que se desenvolverá na contorna deste espazo comercial dende finais de outubro ata mediados de novembro.
O alcalde suliñou que «o importante é que os veciños participen e se involucren para potenciar o comercio local». As xornadas ofrecerán a posibilidade de disfrutar de xantar con menús vinculados ao outono. Os interesados deberán reservar no Espazo Gastronómico A Picota.
FESTA DE SAMAÍN
A primeira cita está vinculada ao Samaín, á que están convidados especialmente os máis cativos. Con este motivo, o sábado 29 de outubro terán lugar unha serie de actos na denominada «Pequepraza», un espazo delimitado para a ocasión na propia Praza da Abastos. «Estará debidamente sinalizado, e pode variar de ubicación segundo as características da actividade», explicou o alcalde, «pero a idea é que acudan os nenos e nenas para que se acheguen ao comercio de proximidade». De 11,30 a 13 horas, terá lugar o contacontos «Contos de bruxas, sapos e curuxas, lendas do Samaín», e ás 14 horas haberá un xantar con menú de Samaín. Xa pola tarde, dende as 17 ás 20 horas, desenvolverase a Festa de Samaín, con baile de disfraces, obradoiros, maquillaxe, pintauñas e xogos.
A actividade continuará o luns 31, tamén na Pequepraza, cun obradoiro de cabazas de 11,30 a 13 horas, para o que se precisa levar cabaza xa baleira.
As actividade infantís ocuparán a mañá do sábado 5 de novembro, cunha «pequemostra» de cogumelos e un obradoiro infantil de micoloxía, ademais de xogos. O xantar da xornada estará protagonizado polos cogumelos e produtos de outono. Xa pola tarde, haberá un contacontos infantil, e unha xornada divulgativa para o público en xeral sobre o aproveitamento dos recursos do monte en outono.

MERCADO, MAGOSTO E XORNADA MICOLÓXICA
A fin de semana do 12 e 13 de novembro, a Praza de Abastos acollerá o Mercado de Produtos de Outono.
O sábado, haberá unha exposición de cogomelos, organizada pola asociación micolóxica Lactouros, e de produtos de outono. Pola tarde, terá lugar un magosto popular no exterior da Praza, de 19 a 21 horas.
Durante todo o domingo, terá lugar unha xornada de iniciación á micoloxía, con clase teórica, saída ao monte e degustación.Os interesados poden inscribirse no Espazo Gastronómico A Picota e en Terras de María Castaña.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alumnado do IES A Pinguela realizou unha viaxe de estudios a Madrid

Seguinte Nova

Oito obradoiros para todas as idades no Museo Pazo de Tor ata decembro

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss