•TEATRO O DOMINGO 30 OUTUBRO: A partir das 18 horas, o grupo de teatro Lusco Fusco porá en escea a obra «Tolerías de Impro», no Salón de Actos do Edificio Sociocultural de Ferreira. Con entrada libre e gratuíta. A actividade está organizada polo Concello de Pantón coa colaboración da Deputación de Lugo, dentro do programa Buxiganga.
•CESTERÍA EN NOVEMBRO: O Concello de Pantón organiza durante o mes de novembro un obradoiro de iniciación á cestería. Será os martes e xoves de 18 a 20 horas. Xa se poden formalizar as inscricións no Edificio Sociocultural, de luns a venres, de 10 a 20 horas. As condicións explicaranse no momento de inscribirse. A actividade ten prazas limitadas.
•MAGOSTO O 12 DE NOVEMBRO: Como é tradicional nestas datas, o Concello de Pantón organiza un magosto popular o sábado 12 de novembro, a partir das 18 horas. A festa, con castañas, pancetada e baile, terá lugar no Pavillón Polideportivo do colexio Monte Baliño.•