• A mediados de outubro, estudantes de 3º e 4º ESO do IES A Pinguela de Monforte realizaron unha viaxe de estudios a Madrid.
Ao longo das tres xornadas de duración, o grupo visitou puntos de interese cultural como o Palacio Real, o Museo Arqueolóxico Nacional, na capital de España, e tamén o Castelo de La Mota, en Medina del Campo.
Tamén realizaron actividades lúdico-culturais, como unha visita ao Museo da Selección Española en Las Rozas, e asistiron á representación da comedia «Bajo terapia», no Teatro Marquina. De volta, fixeron parada para coñecer a monumentalidade das cidades de Ávila e Astorga.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Por Gonzalo L. Torres Se vinte anos non é nada, como cantaba Gardel, dez tampouco é
Non todo van ser festas. O verán tamén é un momento perfecto para deixarse embargar pola
As Festas Patronais de Monforte teñen na súa oferta musical un dos seus principais atractivos. Polo
Dende o 19 de xullo estivo exposta na Casa da Cultura de Chantada a mostra «Compromiso
O pasado 23 de xullo, tivo lugar a presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico