Ata o 21 de novembro poden presentarse traballos ao concurso «Outono Fotográfico» de Chantada

Imaxe de arquivo da exposición integrada polos traballos da pasada edición do concurso Outono Fotográfico, na Casa da Xuventude de Chantada.  Arquivo EC.
Imaxe de arquivo da exposición integrada polos traballos da pasada edición do concurso Outono Fotográfico, na Casa da Xuventude de Chantada. Arquivo EC.

•O concurso está organizado pola Casa da Xuventude de Chantada •A programación deste mes inclúe a exposición “Ningures”, de Ángel Torres Escalante •Ademais, está en marcha un curso de fotografía dixital con Photoshop

• A Casa da Xuventude de Chantada está a ofrecer unha programación de actividades específica para os meses de outono. Coa chegada da estación, volve un ano máis o concurso Outono Fotográfico, aberto ao público en xeral, sen límite de idade.
PREMIO ESPECIAL Á MELLOR FOTOGRAFÍA SOBRE ANIMAIS
Os traballos poderán ser en branco e negro ou cor, pero sempre inéditos e orixinais, e cun tamaño mínimo de 18 x 24. Cada concursante poderá presentar entre dúas e catro fotografías, que deberán ir debidamente tituladas. A temática é libre, aínda que haberá un premio especial á mellor fotografía sobre animais.
ENTREGA DOS PREMIOS EN DECEMBRO, E EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS
As fotos enviaranse en sobre pechado baixo lema e unha plica que inclúa o nome, apelidos, domicilio, teléfono e enderezo electrónico do autor. Remitiranse á Casa da Xuventude, situada no número 1 da rúa Rosalía de Castro, con referencia ao Outono Fotográfico. O prazo de entrega de traballos remata o 21 de novembro.
Haberá tres premios, aos que corresponderán unha cámara fotográfica dixital, un marco dixital, e unha memoria USB, así como un trofeo especial á mellor fotografía sobre animais.
As fotos participantes integrarán unha exposición na Casa da Xuventude de Chantada, que poderá verse do 22 de novembro ao 16 de decembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova exposición no Centro do Viño de Monforte

Seguinte Nova

Sanidade creará un rexistro galego do ictus

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: