
• Os clubes de piragüismo da provincia de Lugo poderán xestionar directamente a escola de titularidade provincial desta disciplina deportiva, en virtude da axuda que vén de concretar a Deputación con estes colectivos. Segundo explicou o deputado de Deportes, Pablo Rivera, a subvención de 85.000 euros irá destinada a cubrir todas as demandas suxeridas polos sete clubes lucenses, entre os que está o Club Montaña Quixós de Monforte. Con esta dotación, os clubes poderán organizar accións formativas, comprar ou repoñer materiais, e tamén asumir máis contratacións de monitores. Así mesmo, permitiralles desenvolver accións divulgativas en centros de ensino.
Rivera precisou que “os clubes son os que máis rendibilidade poden darlle a estas instalacións públicas”, e suliñou que a subvención materializarase nun convenio e estará recollida nas partidas dos Orzamentos de 2017.•