Gastronomía e natureza para disfrutar do outono en Quiroga

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Outubro remata en Quiroga con diversas actividades que vinculan a natureza e os produtos propios da estación, con fórmulas deseñadas para o lecer formativo.
XORNADA CASTAÑEIRA NA CONTORNA DE MONTEFURADO
O sábado 29 de outubro, terá lugar a Xornada Castañeira no lugar de Os Anguieiros, en Montefurado. A sesión contará cunha parte inicial, dende as once ata a unha da tarde, carácter divulgativo. Esta parte nclúe unha visita guiada para coñecer caniceiras, ou sequeiros de castañas. A continuación, responsables da empresa Caurelor ofrecerán unha charla divulgativa sobre o potencial da castaña, baseándose na súa experiencia emprendedora. Por último, haberá un intercambio de experiencias sobre o traballo de recollida e pisa da castaña.
Xa pola tarde, desenvolverase a segunda parte da xornada, cunha festa e magosto popular dende as sete da tarde ata as once da noite. Na festa haberá unha merenda con produtos de outono, amenizada con baile e música a cargo de Pándega. Esta actividade está organizada pola Asociación Sociocultural Boca do Monte de Os Anguieiros, co patrocinio da Deputación de Lugo.
XORNADA MICOLÓXICA TEÓRICO-PRÁTICA CON XANTAR DEGUSTACIÓN DE SETAS DA RIBEIRA SACRA
Por outra banda, os produtos de outono tamén protagonizan a actividade  “Cestas e ao bosque!”, que organiza o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dentro do programa “A Caída da Folla na Ribeira Sacra”. Esta xornada micolóxica terá lugar o sábado 5 de novembro, con saída dende a Casa da Cultura de Quiroga ás 10,00 horas. O día comezará cun almorzo, para continuar cun obradoiro de setas. Xa ao mediodía, os participantes disfrutarán dun xantar degustacion con setas da Ribeira Sacra. A continuación, o grupo sairá ao campo para recoller setas, acompañados por un guía especializado. A xornada rematará en torno ás seis da tarde. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Deporte, cultura e lecer para todos os públicos na programación de novembro en Quiroga

Seguinte Nova

Aberto o prazo das becas de transporte universitario

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: