“Grande satisfacción” no Consorcio de Turismo pola acollida da campaña das viaxes en globo

Vista da saída das viaxes en globo na presentación da campaña “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”, o pasado 26 de maio en Monforte. CTRS
Vista da saída das viaxes en globo na presentación da campaña “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”, o pasado 26 de maio en Monforte.
CTRS

 

• Nos vindeiros días, está previsto que percorran os ceos da Ribeira Sacra os globos aerostáticos que realizarán as viaxes turísticas sorteadas na campaña “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”. Esta iniciativa, promovida a comezos do verán polo Consorcio de Turismo, consistiu nun sorteo de vóos en globo entre os turistas que selaron os pasaportes promocionais da campaña nos establecementos turísticos da Ribeira Sacra.
36 PERSOAS VOARÁN EN GLOBO
Segundo explicaron dende o Consorcio, inicialmente foron distribuídos un total de 1.000 pasaportes, pero diante da gran demanda rexistrada, emitiron máis documentos, ata sumar máis de 4.500. Destes, foron depositados nas furnas do sorteo un total de 163 pasaportes, dos que resultaron gañadores 36 usuarios, que disfrutarán das viaxes en globo na última fin de semana de outubro e a primeira de novembro, se non hai cambios pola meteoroloxía.
Dende o Consorcio amosaron a súa “grande satisfacción” polo resultado dunha campaña “innovadora e de gran repercusión mediática” cun produto turístico “moi acorde ás características do territorio”, e que “nos diferencia doutras zonas, porque non é un produto moi ofertado”. A campaña tamén favoreceu a promoción do consumo de produtos turísticos menos demandados, como os museos ou as rutas fluviais polo Miño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao reclama á Xunta control sobre as gretas na igrexa de Santo Estevo

Seguinte Nova

IX Ruta 4×4 Comarca de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: