![O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou o novo uso dos baixos do Hotel Comercio, xunto ás concelleiras Gloria Prada e Marina Doutón. GPCM](https://i0.wp.com/encomun.es/wp-content/uploads/2016/10/presentacion-uso-hotel-comercio.jpg?resize=450%2C258&ssl=1)
• O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou este mes que o Concello vai destinar unha parte do baixo do antigo Hotel Comercio á instalación dun Centro de Recepción de Peregrinos. Tomé explicou que a idea é abrir un espazo “similar ao que teñen Sarria ou Mondoñedo”, xestionado polo Concello, “xa que cremos nos servizos públicos e esta é a mellor maneira de recibir e dar información aos peregrinos”. Ademais, argumentou que o lugar é “o máis idóneo” xa que por alí pasa a Ruta de Inverno, e está cerca da Oficina de Turismo. O Centro compartirá espazo coa futura sede do Consorcio de Turismo, e contará unha sala de descanso, unha oficina de información e unha sala destinada a Centro de Interpretación do Camiño.
A portavoz do PP no Concello, Julia Rodríguez, anunciou que presentará unha moción para que se destine todo o baixo do edificio a un espazo multidisciplinar do Camiño de Inverno, e que se faga partícipe da actividade á Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra. Rodríguez propón buscar ao Consorcio unha sede “máis acorde coas súas características”.•