•O Concello de Sober completa a instalación de cinco novas áreas de ocio en parroquias
•As obras supuxeron un investimento de 40.000 euros, e contaron cunha subvención da Xunta •Os novos parques están situados en Sistín do Mato, A Carreira, Campo de Anllo, Campo de Bulso e A Airexa de Gundivós
• Sober conta con cinco novos espazos de ocio e lecer no rural. O Concello vén de investir un total de 40.000 euros nestas actuacións, cunha subvención da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.
LOCALIZACIÓN DOS NOVOS ESPAZOS DE OCIO
As actuacións culminaron a mediados deste mes coa instalación dun parque infantil e unha área biosaudable no lugar de Sistín do Mato, así como en A Airexa de Gundivós. Pola súa banda, habilitouse unha área saudable no Campo de Bulso e en A Carreira, e tamén se dispuxo un parque infantil no Campo de Anllo.

MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS VECIÑOS DAS PARROQUIAS
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explicou que o Goberno local ten previstas novas construcións de similares características noutras parroquias e lugares do municipio. Fernández Guitián suliñou que o obxectivo destas actuacións é “axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

DEPORTE DE BALDE E VIDA SAUDABLE AO AIRE LIBRE
Así mesmo, Fernández Guitián animou a todos os soberinos, “tanto nenos como maiores”, a usar estas novas instalacións “para facer deporte, que é tan beneficioso para a saúde, dun xeito gratuíto e ao aire libre”.•