• A voceira do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Monforte, Pilar López Martínez, criticou que, case á metade do mandato, “a prepotencia do alcalde estase a convertir en costume”. A voceira nacionalista cualificou a labor de xestión do actual rexedor como “o mandato dun alcalde en minoría que será recordado por non buscar o consenso polo ben dos seus veciños”.
ACORDOS POR MAIORÍA QUE NON SON EXECUTADOS
Pilar López argumentou que, “en moitas ocasións”, acordos tomados en maioría non foron executados polo alcalde, “polo que non está a respectar a vontade democrática”. A portavoz nacionalista lembrou así mesmo que nos primeiros orzamentos, o socialista José Tomé “non foi capaz de xerar un clima de diálogo e acordo”, para sacar adiante os presupostos, “e tivo que valerse da cuestión de confianza aos seis meses de goberno”.

CRÍTICA POR NON BAIXAR O IBI
A número un do grupo nacionalista no Concello de Monforte criticou tamén a postura do Goberno local en relación á proposta de baixada do recibo da contribución. “O alcalde non escoitou a nosa petición a pesar de ter case 500.000 euros máis que o ano pasado”, lamentou López Martínez. A voceira nacionalista insistiu en que “a nosa proposta era moi realista e responsable”, e acusou ao alcalde de “non ter razóns para non baixar a contribución, e agora di que cando Facenda actualice os valores catastrais será o momento de rebaixar o coeficiente do recibo”. Pilar López criticou a postura de Tomé neste tema, e acusouno de “xogar coas palabras, porque se pode baixar o coeficiente pero ao actualizarse os valores catastrais, pode suceder que os cidadáns sigan pagando o mesmo”.•