O Concello de Monforte iniciou os traballos de asfaltado de varias rúas do casco urbano

O alcalde supervisa os primeiros traballos de asfaltado na contorna do Monte de San Vicente. GPCM.
O alcalde supervisa os primeiros traballos de asfaltado na contorna do Monte de San Vicente. GPCM.

 

• O día 24 deste mes, o Concello de Monforte deu comezo aos traballos de asfaltado de varias rúas da cidade. O plan inclúe cinco fases, por un importe superior aos 112.000 euros. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, «con estas obras imos conseguir unha importante mellora urbana».
A primeira actuación desenvolveuse na rúa Real e Santo Domingo, con acceso ao Monte de San Vicente. Os tramos renovados van dende a Porta da Alcazaba ata o Campo da Virxe, e dende este punto ata Roberto Baamonde. O asfaltado do primeiro tramo ten un custe de preto de 8.500 euros, mentres que ao segundo se destinan algo máis de 20.300 euros, entre fresado e aplicación da capa asfáltica. Todos estes traballos na zona histórica contan coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
CONTORNA DO CAMPO DE SAN ANTONIO E SANTA CLARA
O calendario de actuacións municipais continúa no Campo de San Antonio. As obras inclúen o trazado entre o cruce da rúa Ourense coa Avenida de Galicia ata a saída pola rúa Tecelanes. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, neste espazo realizarase un fresado inicial para poder manter o nivel dos bordillos actuais coa nova capa de aglomerado. O importe dos traballos neste tramo é de 15.000 euros.
Tamén está previsto o asfaltado en Santa Clara, dende o cruce da Veiga ata a Ronda María Emilia Casas Baamonde, cun pequeno tramo de vía de servizo cara o Edificio Multiusos. O investimento será de preto de 21.900 euros.
A OBRA MÁIS CARA
O alcalde precisou que a actuación con máis partida económica é a do Camiño Real de Seoane, dende o Fabeiro ata a pista do Canal, pasando polo colexio Infanta Elena. «Con esta obra, estamos dando resposta a unha vella aspiración dos veciños das Lamas», explicou o alcalde. «Levaban moitos anos esperando por este arranxo, e agora por fin será unha realidade», suliñou.
OBRAS NO CEIP A GÁNDARA
Por último, o plan de asfaltado municipal inclúe o patio do CEIP A Gándara, entre o edificio escolar e o pavillón polideportivo. José Tomé explicou que neste punto «o firme está moi deteriorado», e o mal estado que presenta «condiciona o aproveitamento do tempo de lecer dos escolares do centro», e tamén pode provocar danos por caídas dos usuarios. O Concello destina a esta obra preto de 5.700 euros.
REMATE A COMEZOS DE NOVEMBRO
O alcalde explicou que a totalidade dos traballos estará rematada a comezos de novembro, para proceder a continuación ao pintado e sinalización horizontal dos tramos arranxados.•

•Seguen as obras de mellora nas parroquias

Tomé e Losada supervisan os traballos na contorna da igrexa de Gullade. GPCM.
Tomé e Losada supervisan os traballos na contorna da igrexa de Gullade. GPCM.
• O Concello de Monforte continúa realizando obras nas parroquias do municipio. A mediados de outubro, quedaba instalada en Gullade unha varanda de protección, na rampa de acceso á igrexa e á parte alta do local social. Os traballos, a cargo da brigada de obras do Concello, consistiron na colocación dunha varanda de ferro galvanizado, que garante maior duración, de seis metros e medio de lonxitude, a un lado da rampla para permitir o paso de vehículos.
OBRA SOLICITADA POLOS VECIÑOS 
Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, esta obra responde á petición dos veciños de Gullade. «Foi o propio pedáneo quen nos trasladou a necesidade de facer algo alí para evitar que se produzan posibles contratempos», suliñou. A rampla ten preto ten unha altura de case metro e medio, polo que a varande «busca unha finalidade protectora, para evitar posibles caídas, sobre todo nun punto no que é habitual que haxa aglomeracións de xente, con motivo de actos sociais e relixiosos».
RECENTES OBRAS DE ASFALTADO
Tomé precisou que esta actuación súmase a outras que o Concello executou este ano nesta parroquia, como o arranxo do asfaltado na estrada de Gullade a As Nocedas, e a de Gullade a Guntín.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto de 81.000 lucenses recibiron a vacina contra a gripe na pasada campaña

Seguinte Nova

Medra o doble o número de visitantes na Ruta do Románico de Chantada e Taboada

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss