O Concello de Sober remata os traballos de acondicionamento no lugar de Outeiro e na rúa da Igrexa

•As melloras na rúa urbana foron financiadas pola Xunta con 80.000 euros, e as do núcleo rural con 35.000 euros do ARI do Concello

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A comezos deste mes, o Concello de Sober completou diversos traballos de acondicionamento en espazos públicos da capitalidade e das parroquias.
MÁIS SEGURIDADE VIARIA E MELLORA ESTÉTICA
En Sober, as obras melloraron o aspecto da rúa da Igrexa, coa instalación dun novo pavimento de adoquín de formigón, ademais de mellorar a praza da Igrexa. Tamén se instalaron novas luminarias e tubaxe de soterramento das instalacións eléctricas e de telefonía. O proxecto de urbanización incluiu a renovación con granito da escaleira de acceso á rúa da Mina, e o acondicionamento da senda peonil do Sabugueiro. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, engadiu que con estas melloras tamén se favoreceu ao tráfico rodado, xa que se habilitaron trinta prazas de aparcamento, e un espazo peonil na rúa da Igrexa “que mellora a seguridade viaria na zona”. Os traballos foron financiados con 80.000 euros pola Consellería de Presidencia, a través do Plan de Infraestruturas Viarias.
MELLORAS NO FIRME E NAS REDES DE SANEAMENTO E AUGA EN OUTEIRO
No rural, a última actuación completada foi a urbanización do núcleo de Outeiro, nas parroquias de Proendos e Arroxo. Renovouse o firme con adoquín de granito, e melloráronse as redes de saneamento e abastecemento do lugar.  Estas obras financiáronse con cargo á Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Concello, cun importe de 35.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A película “Pelerinaxes” proxectarase de balde en Chantada

Seguinte Nova

O Concello instala un punto gratuíto de recarga de dispositivos móbiles

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss