O Concello fará reformas na Praza de Abastos de Monforte

•Ademais dos arranxos nos postos, o Alcalde anunciou a próxima celebración dunhas xornadas formativas para os praceiros

O alcalde de Monforte anunciou as próximas reformas na Praza de Abastos o pasado 22 de outubro. GPCM
O alcalde de Monforte anunciou as próximas reformas na Praza de Abastos o pasado 22 de outubro. GPCM

 

• O Concello de Monforte vai acometer unha serie de reformas na Praza de Abastos. Segundo anunciou o alcalde, José Tomé, o obxectivo do Goberno local é mellorar os postos de venda e dar resposta ás demandas dos praceiros.
MELLORAS NO MOBILIARIO E NAS DOTACIÓNS DOS POSTOS
Así, vanse colocar portas de aceiro inoxidable en todos os postos, que impedirán a entrada de lixo aos estantes destinados á almacenaxe dos produtos nas zonas de traballo, e que ata agora carecen de sistemas de peche. Segundo a disposición dos ocos en cada posto, as portas serán abatibles ou de corredoira.
Outra das novidades será a instalación dun novo mobiliario no posto da panadería. O alcalde explicou que os actuais estantes presentan deficiencias, ao non ser acordes co resto do mobiliario e non resistir as sucesivas limpezas, ademais de invadir o espazo de atención ao público. Coa substitución dos estantes de fibra de madeira por outros novos, “conseguirase facilitar as labores de limpeza e mellorar a estética do punto de venda”.
Así mesmo, tamén se instalará unha reixa de aceiro inoxidable para pechar as cámaras frigoríficas. Por último, renovaranse as portas dos aseos da praza, que son de taboleiro de chapa e están deterioradas pola humidade, para ser substituídas por outras de aluminio.
EN NOVEMBRO, XORNADAS DE MENTORING
Outra das medidas municipais está orientada a dar servizos de asesoramento comercial aos praceiros. Neste sentido, o alcalde anunciou para o vindeiro mes unhas xornadas formativas sobre mentoring comercial. Esta iniciativa, “que busca conseguir un mercado de excelencia na nosa Praza de Abastos”, explicou o alcalde, ofrecerá novas estratexias de venda, consellos para colocar produtos e decorar os postos, e estratexias comerciais conxuntas que xa se están a desenvolver noutras superficies comerciais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG de Monforte critica que “a prepotencia do alcalde estase a convertir en costume”

Seguinte Nova

Todo listo en Sarria para celebrar o Día da Bicicleta

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: