• Dende este mes, Sober conta cun novo servizo público e totalmente gratuíto. No xardín da praza do Concello, o Goberno local instalou un punto de recarga para dispositivos móbiles, no que os cidadáns poden cargar a batería dos seus teléfonos, tablets e outros gadgets sen custe algún.
Segundo explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, este punto de recarga conta con dous enchufes, e está operativo as 24 horas.
Con esta iniciativa, Sober convértese nun dos poucos concellos de Galicia en ofrecer este servizo. Guitián suliñou que “dende o Concello estamos sempre á vangarda, e queremos facilitar o uso das novas tecnoloxías a toda a veciñanza e aos nosos visitantes”. O rexedor lembrou que na mesma praza do Concello tamén hai servizo de rede wifi gratuíto.•