O esbozo da Guía de Cor e Materiais de Galicia estará listo en novembro

• A Xunta anunciou que terá lista en novembro a versión preliminar da Guía de Cor e Materiais de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, fixo este anuncio durante a reunión do grupo de traballo a mediados deste mes.
Mato lembrou que esta Guía estase a realizar en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e conta cun orzamento de 163.000 euros. O obxectivo desta Guía é dotar á Comunidade dunhas directrices técnicas, científicas e obxectivas para regular o emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes de Galicia.
ANÁLISE DE 3.800 EDIFICACIÓNS DE TODA GALICIA
O grupo de traballo realizou un intenso labor de campo, analizando un total de 3.800 edificacións situadas nas 12 grandes áreas establecidas no Catálogo das Paisaxes de Galicia. O equipo técnico, formado por preto de 40 profesionais de diversas disciplinas, recolleu in situ e compilou todos os datos, ademais de analizalos e verificalos en diversas etapas.
MAIOR INTEGRACIÓN PAISAXÍSTICA E MÁIS CALIDADE NOS ESPAZOS PÚBLICOS
Segundo explicaron dende a Consellería, a Guía de Cor e Materiais de Galicia é un traballo pioneiro en materia de protección e posta en valor da paisaxe, que esixe un importante esforzo e posta en prática de solucións innovadoras. Ao mesmo tempo, neste traballo trata de conseguirse unha mellor integración paisaxística, contribuíndo tamén a unha maior calidade dos espazos públicos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 24 de outubro comeza a campaña de vacinación contra a gripe

Seguinte Nova

Seragro organiza en Lugo as XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: