O Korbis – Gonzalo Seguros, líder na competición galega infantil feminina

•As monfortinas lograron manter o liderato na terceira xornada vencendo fronte ao difícil Dompa de Ourense

As xogadoras infantís do Korbis-Gonzalo Seguros, co presidente do clube, Iván Prieto, que exerceu de adestrador no partido fronte ao Korbis de Ourense. (Foto cedida).
As xogadoras infantís do Korbis-Gonzalo Seguros, co presidente do clube, Iván Prieto, que exerceu de adestrador no partido fronte ao Korbis de Ourense. (Foto cedida).
• As xogadoras infantís do Korbis-Gonzalo Seguros sumaron a súa terceira vitoria da tempada no campionato galego de voleibol. Tras vencer ao difícil Dompa de Ourense, as monfortinas manteñen o liderato na clasificación, na terceira xornada de liga.
VITORIA DAS MONFORTINAS NA SÚA VISITA A OURENSE
As doce xoves promesas do Korbis Gonzalo Seguros afrontaron o partido diante das ourensás no pavillón do CIFP A Carballeira, onde ademais estreaban parte da nova equipación.
DIFÍCIL E VIBRANTE PARTIDO BEN RESOLTO POLAS XOGADORAS DO KORBIS
Baixo as instruccións do presidente do clube, Iván Prieto, as de Monforte pecharon un primeiro set moi igualado, que cumplía as expectativas diante dun rival moi complexo por calidade e bo xogo. As monfortinas lograron adxudicarse o set, pero as ourensás apretaron con forza no segundo, logrando a vitoria no parcial. De pouco lle serviu este alivio ao Dompa, xa que as ganas e o entusiasmo das xogadoras do Korbis Gonzalo Seguros impuxéronse no terceiro set con comodidade, o que posibilitou afrontar o último periodo do partido con boa disposición. Na loita final, a vitoria foi para as monfortinas, cun resultado de 21-25, 25-10, 17-25, 18-25. no que posiblemente foi o seu mellor partido desta nova andadura.
DESCANSO DOS INFANTÍS
A competición voltará en breve para os demais equipos, pendente de xogarse unha xornada dos infantís por descanso. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CB Sarria organizou unha charla sobre primeiros auxilios

Seguinte Nova

Máis de 200 persoas participarán en Sarria no VI Torneo Máster de Futbolín

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: