Oito obradoiros para todas as idades no Museo Pazo de Tor ata decembro

•Artes plásticas, cine e o Nadal compoñen a programación, ademais dun achegamento interdisciplinar á obra de Castelao

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, na presentación do programa.  GPDL
A deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, na presentación do programa. GPDL

•A Rede Museística Provincial está a poñer en marcha unha nova programación para todas as idades, e que se desenvolverá ata decembro nos catro centros que a Rede ten espallados pola nosa provincia. Segundo explicou a deputada de Cultura, Pilar García Porto, estas actividades, totalmente gratuítas, están dirixidas aos tres clubes da Rede, Pequeamig@s, Ei! e Senior, integrados por máis de 4.000 persoas de toda a provincia. «Impulsamos esta programación para achegar ao maior número de persoas  máis de 30 obradoiros», explicou García Porto.

PROGRAMA EN TOR
O 21 de outubro tivo lugar a primeira cita no Museo Pazo de Tor, co obradoiro «Cousas de animais», no que se traballou a técnica do gravado sobre temática extraída da obra de Castelao. O sábado 5 de novembro a partir das 11 horas celebrarase un obradoiro para nenos e nenas sobre as Irmandades da Fala. O venres 11 de novembro a partir das cinco haberá unha actividade para o club Senior, sobre arte cotiá en papel. O sábado 12 pola mañá, os máis cativos poderán disfrutar do obradoiro «Xogando co papel». O obradoiro «Grupo de cine» desenvolverase o 19 de novembro e o 10 de decembro, aberto a todas as idades. Xa en decembro, terán lugar varios obradoiros de Nadal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Actividades infantís, xornadas micolóxicas e mercado de produtos de tempada integran o programa «Outono na Praza»

Seguinte Nova

Nova exposición no Centro do Viño de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss