Preto de 81.000 lucenses recibiron a vacina contra a gripe na pasada campaña

• Lugo é a provincia que rexistra o maior número de vacinacións contra a gripe nos últimos anos. Segundo explicaron a secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, e o xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti, Ramón Ares, na posta en marcha da campaña 2016-2017, na nosa provincia administráronse preto de 81.000 dosis na campaña de vacinación do pasado ano.
162 PUNTOS DE VACINACIÓN HABILITADOS NA PROVINCIA DE LUGO
A campaña deste ano iniciouse o 24 de outubro, e estará en marcha ata o 23 de decembro. Segundo explicaron os responsables da Xunta en Lugo e do HULA, na nosa provincia están habilitados un total de 162 puntos de vacinación, que inclúen os Centros de Atención Primaria e Especializada do Servizo Galego de Saúde, os centros médicos e consultas privadas, as residencias da Terceira Idade, tanto públicas como privadas, as Unidades
Asistenciais de Drogodependencias, centros penitenciarios, centros de menores e persoas con discapacidade, e fogares da terceira idade, entre outros.
PREVENCIÓN COA VACINA
A campaña que desenvolve a Consellería de Sanidade vai dirixida a concienciar aos grupos de risco sobre a importancia da vacina para minimizar o impacto da gripe, e evitar complicacións derivadas desta enfermidade.•

MEDRA A PORCENTAXE DE VACINACIÓN NOS MAIORES LUCENSES

Na campaña do ano pasado, na provincia de Lugo medrou a porcentaxe de maiores de 65 anos que se vacinaron, acadando o 57,87%, o que supón un aumento de máis de dous puntos porcentuais respecto ao ano anterior. No caso dos maiores de 75 anos, a subida aínda foi maior, chegando incluso a superar a previsión de cobertura do 65% deste grupo de idade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sanidade creará un rexistro galego do ictus

Seguinte Nova

O Concello de Monforte iniciou os traballos de asfaltado de varias rúas do casco urbano

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: