• A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá o luns 7 de novembro a proxección da montaxe audiovisual cos traballos presentados ao concurso de debuxo infantil “Manuel María” para alumnado de 4º e 5º de Primaria. O acto, que comezará ás seis da tarde, inclúe a entrega dos premios aos autores dos traballos gañadores.
O audiovisual tamén poderá verse no soporte mupi que o Concello ten instalado na rúa Cardeal.•