• A mediados de outubro, a ANPA do colexio A Gándara de Monforte fixo pública a súa queixa sobre o cumplimento dos horarios por parte das empresas do transporte escolar. A reclamación do colectivo de pais e nais xurdiu a raíz no novo horario do centro, que dende setembro deste ano remata a xornada escolar ás 16,45 horas de martes a venres, o que supón un adianto de dez minutos na hora de saída dos usuarios. A ANPA do CEIP A Gándara denunciou que unha das empresas que ofrece o servizo de transporte escolar “chega reiteradamente tarde ao centro, coa problemática que isto conleva”. Segundo as nais e pais, o retraso neste servizo provoca atascos nas inmediacións do colexio, risco de atropelos dos escolares que xa saíron do centro, bloqueo da rúa María Paz de Tor, e retraso na saída dos escolares que usan estas liñas de bus.
Ademais, a ANPA do colexio A Gándar critica que a empresa “chega tarde querendo, xa que teñen os buses parados” a escasos metros do centro, en concreto “na explanada do cemiterio ou diante do Bricoking facendo tempo para chegar tarde”.
Dende este colectivo de nais e pais reclaman “ás autoridade competentes que se poñan a traballar” para resolver o conflicto, “xa que coma sempre os perxudicados son os nenos e nenas do colexio”. A ANPA dá de prazo ata o mes de novembro, antes de “verse obrigados a tomar outro tipo de medidas de presión”.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa