• A asociación Sonrisas Pelonas organiza para o domingo 6 de novembro unha Ruta Solidaria, co fin de recaudar fondos para axudar a familias e nenos afectados polo cancro infantil. A dificultade do trazado é baixa, para incentivar a participación de persoas de todas as idades, familias, e menores acompañados por adultos.
SAÍDA DENDE SEOANE DO COUREL
O punto de encontro será Seoane do Courel, ás 10,30 horas, e a ruta iniciarase ás 11. O traxecto, de preto de 6,5 quilómetros, discurre polo camiño tradicional dende Seoane á Ferreiría Nova, e dende alí seguirase pola ruta que vai a Mercurín e o Castro do Brío, visitando O Val das Mouras. A continuación, iniciarase a baixada cara a Ferreiría Vella, para enlazar co Camiño Real e volver á Ferreiría Nova, seguir polo trazado inicial e regresar a Seoane, en torno ás 15,00 horas. Hai que levar comida e bebida, así como roupa e calzado cómodos para camiñar e axeitados ás condicións climatolóxicas.

INSCRICIÓNS
O custe da actividade é de 4 euros por persoa, e os participantes recibirán un pequeno agasallo da asociación. As inscricións poden realizarse na Casa da Cultura de Quiroga ou a través da páxina web www.sonrisaspelonas.es.•