•O ano pasado ingresaron por ictus nos hospitais galegos 4.256 persoas
• A mediados deste mes, a Consellería de Sanidade anunciou que está a traballar na creación dun rexistro galego do ictus. Segundo o conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuíña, este rexistro será unha “ferramenta imprescindible” para a continua mellora da atención sanitaria aos doentes, así como da planificación e organización dos recursos, dentro do Plan Galego de atención ao ictus.
MELLORAR O CICLO DE ATENCIÓN
Precisamente, o obxectivo do Plan Galego de atención ao ictus é diminuir a mortalidade das persoas que sofren un ictus isquémico en Galicia. A través deste plan, trátase de diminuir o tempo transcorrido entre o inicio dos síntomas e a chegada ao hospital, reducir a demora no diagnóstico, adecuar o tratamento ás necesidades concretas do caso, e coordinar as actuacións entre os profesionais.

ALTA INCIDENCIA DA DISCAPACIDADE POR ICTUS EN ADULTOS
Dende o Sergas informaron que o ano pasado, un total de 4.256 persoas ingresaron por ictus nos hospitais galegos. Os responsables de Sanidade destacaron que esta enfermidade é unha das causas de mortalidade en Galicia, ademais de ser unha das patoloxías que máis diminúe a esperanza de vida tanto en número de anos como en calidade de vida, ademais de xerar unha importante porcentaxe de discapacidade na idade adulta.

SÍNTOMAS DO ICTUS
Dende o Sergas insisten nas campañas de información para detectar os síntomas do ictus. Estes síntomas poden resumirse nas “Tres F”: “Fala”, non ser capaz de dicir correctamente palabras simples; “Forza”, non poder elevar os brazos á mesma altura máis de 10 segundos), e “Faciana” (non mostrar todos os dentes ao sorrir). Cando unha persoa sofra algún destes síntomas, deberá chamar ao 061 para iniciar o protocolo. O médico que atende a chamada enviará unha ambulancia para recoller ao paciente e levalo ao hospital máis próximo.•