Seis centros do sur de Lugo desenvolverán programas propios de formación do profesorado

• Un total de 27 centros formativos da provincia de Lugo desenvolverán este curso programas propios de formación do profesorado.
ADAPTACIÓN AOS CENTROS
Os colexios públicos de A Pobra do Brollón, o monfortino de A Gándara, e os sarriaos Antonio Fernández López e Frei Luis de Granada, así como os IES Río Cabe e A Pinguela de Monforte, sumáronse este curso aos plans de formación permanente do profesorado que convoca a Consellería de Educación. O departamento da Xunta aporta o apoio económico e humano para estes plans. O obxectivo é que cada centro desenvolva actividades centradas nas súas necesidades, ao tempo que se propicia unha organización escolar que favoreza a transformación dos centros en organizacións capaces de aprender e xerar coñecementos.
Nesta convocatoria, a liña de traballo prioritaria dos plans de formación é a programación, avaliación e metodoloxías que favorecen a adquisición das competencias clave segundo os novos currículos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reclaman que o transporte escolar da Gándara cumpla os horarios

Seguinte Nova

O BNG de Monforte critica que “a prepotencia do alcalde estase a convertir en costume”

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: