• Os días 10 e 11 de novembro, o Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá as XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas por Seragro Sociedade Cooperativa Galega, en colaboración con diversos patrocinadores.
Un dos asuntos principais desta edición será a xestión técnico-económica das explotacións, con relatorios de profesionais e unha mesa redonda sobre este tema.
Ademais, están previstas varias exposicións relacionadas co ámbito do manexo. Nelas, tratarase a importancia do manexo da recría dende o nacemento ata o parto, e tamén a súa importancia no periodo de transición, así como cuestión relacionadas coa podoloxía.
O uso do cronómetro como ferramenta de traballo no muxido ocupará outra das intervencións das xornadas.
Así mesmo, os participantes poderán coñecer de primeira man a testemuña de dous gandeiros, Manuel Arias, de Taboada, e Manuel Candamio. Estes produtores comentarán cadansúa experiencia no sector.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao trasladou ao Concello a necesidade de instalar marquesinas en tres paradas
O sindicato sinala que a empresa monfortina do sector do automóbil deixa a 12 traballadores sen
A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou á Deputación de Lugo a reparación de dúas estradas provinciais
A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No
Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar