
Así o explicou o presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, na presentación do informe de Medio Rural sobre as causas dos incendios forestais. Segundo os datos da Consellería, tres de cada catro lumes que se deron na comunidade na última década foron provocados. Deles, o 30% iniciáronse pola noite, o 8% comezaron con máis dun foco de xeito simultáneo, e o 14% tiveron lugar nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria. Estas 67 parroquias, que supoñen tan só o 3,6% da superficie de Galicia, concentran máis do 14% dos lumes rexistrados nos últimos dez anos, e o 12,43% dos incendios acaecidos en 2016. A intencionalidade nestas parroquias dispárase ata o 86,67%.•