0 75% dos lumes rexistrados en Galicia son intencionados

A conservación do monte inclúe unha serie de tarefas de mantemento, ademais de políticas de prevención dos incendios forestais. Arquivo EC
A conservación do monte inclúe unha serie de tarefas de mantemento, ademais de políticas de prevención dos incendios forestais. Arquivo EC

Así o explicou o presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, na presentación do informe de Medio Rural sobre as causas dos incendios forestais. Segundo os datos da Consellería, tres de cada catro lumes que se deron na comunidade na última década foron provocados. Deles, o 30% iniciáronse pola noite, o 8% comezaron con máis dun foco de xeito simultáneo, e o 14% tiveron lugar nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria. Estas 67 parroquias, que supoñen tan só o 3,6% da superficie de Galicia, concentran máis do 14% dos lumes rexistrados nos últimos dez anos, e o 12,43% dos incendios acaecidos en 2016. A intencionalidade nestas parroquias dispárase ata o 86,67%.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intenso calendario gastronómico no sur de Lugo

Seguinte Nova

Lugo, a provincia con máis inspeccións nesta campaña da uva

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: