36 deportistas do club Neka clasificados para a Copa Xunta de Galicia de Taekwondo

•O club monfortino conseguiu meter na final autonómica a 36 dos 48 deportistas que competiron na Copa Deputación •Os clasificados disputarán a Copa Xunta de Galicia o día 19 no Carballiño

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O club Neka vén de sumar un novo éxito en competición, logo da disputa da Copa Deputación o pasado 5 de novembro.
MÁIS DE 250 PARTICIPANTES
O ximnasio monfortino presentou ao evento provincial un total de 48 deportistas, dos que 36 conseguiron clasificarse para a final autonómica. A proba clasificatoria, que reuniu a 254 deportistas de toda a provincia, tivo lugar por primeira vez en Taboada, nas instalacións do Pavillón Municipal, da man do club Neka, que exerceu de organizador e anfitrión. O director deportivo do Neka, José Mª Vega, leva dous anos impartindo clases de taekwondo na vila taboadesa.
“ROTUNDO ÉXITO” DO NEKA PREVIO Á FINAL GALEGA
A proba provincial foi un “rotundo éxito” para os de Neka, segundo valorou Vega, satisfeito de garantir unha moi elevada presenza dos deportistas do clube na vindeira Copa Xunta de Galicia, que se vai disputar no Carballiño o 19 de novembro.
SEIS DO NEKA NA PROBA AUTONÓMICA NAS CATEGORÍAS ADULTOS
Nas categorías de adultos, pasaron á fase autonómica Lúa Abeledo, Nerea Rodríguez, José Manuel Ojea, Andrea Pérez, David Rivelo e Manuel López.
AMPLA REPRESENTACIÓN EN CATEGORÍAS MENORES
O ximnasio Neka contará cunha ampla representación na proba autonómica nas diversas categorías menores.
Logo de superar a fase provincial, competirán na final galega do Carballiño os deportistas de Neka José Roca, Mateo Fernández, Alan David Bustamante, Yatlem Díaz, Marcos Salgado, Yeray Rodríguez, Héctor Moure, Nicolás Lage, David Rodríguez, Alba Pérez, Víctor Martínez, Leyre Rodríguez, Aldara Carballude, Helena López, Lucía Roca, Aitor Teijeiro, Daniel Pérez, Manuel Salgado, Daniel Areán, Marco García, Gael Trujillo, Carlos Fernández, Raúl Vázquez, Laura Álvarez, Carla Pardo, Karla Novo, Nerea Fernández, Yasmin Rodríguez, Ana López Vázquez e Iria de la Fuente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Revista técnica de baloncesto publica artigo do sarriao Iago Castro

Seguinte Nova

Xornada técnica en Monforte sobre ITEAF

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: