A biblioteca do CEIP Monte Baliño súmase ao plan da Xunta de mellora das bibliotecas escolares

• A biblioteca do CEIP Monte Baliño de Pantón intégrase este curso no Plan de Melloras das Bibliotecas Escolares (PLUMBE) que desenvolve a Xunta de Galicia. A de Pantón é unha das tres bibliotecas lucenses que se estrean no plan, xunto coas do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei e da EOI de Ribadeo.
Segundo explicaron dende a Consellería, forman parte deste plan 615 centros de toda Galicia, que recibirán máis de 1,2 millóns de euros en axudas.
As bibliotecas que se incorporan este ano, como a do colexio de Pantón, contarán con achegas para adquirir fondos documentais de diverso tipo, comprar novo mobiliario e equipamentos, así como financiar gastos de funcionamento destes espazos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 30 de novembro para ver en Ferreira a mostra do Outono Fotográfico 2016

Seguinte Nova

Convenio entre Xunta e Consorcio dos Peares para melloras na praia fluvial

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: