A Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia disparouse ata as 223,7 toneladas en 2015

•Dende Medio Rural consideran que Galicia “é unha potencia” na produción de castaña •A Xunta vai destinar  este ano 2,6 millóns de euros para a plantación de castiñeiros

•O sector da castaña está a convertir a Galicia nunha potencia produtiva, segundo explicou a conselleira de Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez.
FOMENTO DA ACTIVIDADE AGRARIA
Na súa visita, a finais de outubro, a unha plantación de castiñeiros en Folgoso do Courel, a titular autonómica lembrou que a Xunta está a apostar polo fomento do sector a través da plantación de árbores. Con este fin, a Consellería vai destinar este ano 2,6 millóns de euros para o cultivo de castiñeiros de froito, e está previsto aumentar o importe de cara aos próximos anos. As axudas buscan o aproveitamento sostible dos soutos, fomentar os sistemas agroforestais, manter a actividade agraria no rural e nas zonas de montaña, e apoiar a un producto galego amparado pola Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
A conselleira destacou o esforzo realizado nos últimos anos para a obtención dun produto de calidade e o aproveitamento da súa madeira.•

AS CIFRAS DO SECTOR DA CASTAÑA

• O sector xera en torno a 500 postos de traballo directos, e 800 indirectos
• A cifra de negocio achégase aos 100 millóns de euros, con máis de 30 millóns pagados a produtores, e unha facturación anual de máis de 70 millóns en comercialización de castaña e derivados
• A castaña comercialízase o 50% en fresco, o 40% en primeira transformación, e o 10% en segunda
• Galicia ten preto de 38.000 hectáreas de soutos produtivos de froito

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aprobados 1,5 millóns de euros da Deputación para melloras en 11 concellos

Seguinte Nova

Memoria das xentes e historia dunha comarca no Libro do Courel

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio