Aprendendo a emprender dende as aulas

•En marcha o IV Campus de Emprendemento Sostible que organiza a Deputación en tres institutos da provincia

Foto de familia do grupo de alumnos do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei, que siguen o curso do IV Campus de Emprendemento Sostible, acompañados da deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o pasado 3 de novembro. GPDL.
Foto de familia do grupo de alumnos do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei, que siguen o curso do IV Campus de Emprendemento Sostible, acompañados da deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o pasado 3 de novembro. GPDL.
• Dende finais de outubro, está a desenvolverse o IV Campus de Emprendemento Sostible, unha iniciativa da Deputación de Lugo para fomentar o espíritu emprendedor e o emprego a través da xeración de novos negocios. Este campus organízase en catro cursos, tres dos cales desenvólvense por primeira vez en institutos de ensino secundario, coa finalidade de achegar a cultura emprendedora aos estudantes máis novos. O cuarto curso está aberto ao público en xeral, e dará comezo o 24 de novembro.
EXEMPLOS DE EMPRENDEMENTO EN VARIOS SECTORES
Un grupo de 20 alumnos do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, de Castro de Rei, foron os primeiros en participar nesta nova edición do Campus, que lles ofrece de xeito gratuíto formación e asesoramento para emprender. Ademais de contidos teóricos, os alumnos poderán coñecer de primeira man diversos proxectos de emprendemento desenvolvidos na nosa provincia. Con este fin, visitarán diversas empresas vinculadas aos máis diversos sectores. No turismo, os participantes no Campus coñecerán o caso da Aldea Artesán da Fraga, unha casa de turismo rural aberta en Xermade. Xa no eido da artesanía, os alumnos achegaranse a casos exitosos como o do recoñecido obradoiro de cestería e téxtil Idoia Cuesta, que traballa a nivel internacional; e tamén visitarán o Obradoiro Xaneco, adicado á produción de instrumentos para músicos profesionais.
O turismo ten tamén o seu espazo, coa visita á Aldea Artesán da Fraga, casa de turismo rural aberta en Xermade. O sector agrogandeiro ofrece dous exemplos representativos aos estudantes do  Campus de Emprendemento Sostible. Os participantes coñecerán o caso de Vida de Aldea, unha explotación gandeira, sobre todo láctea, que dende Outeiro de Rei pretende vincular ao consumidor final co mundo e os produtos agrogandeiros para eliminar intermediarios. Pola súa banda, Volta ao Sancho representa un exemplo de redefinición profesional, no caso dun empresario de vernizados que, a causa da crise, decidiu adicarse á agricultura ecolóxica.
FORMACIÓN EN TRES CENTROS LUCENSES
Este mes, cursos de similares características dentro do IV Campus de Emprendemento Sostible arrancaron tamén no IES San Rosendo, en Mondoñedo, e no Centro Alta Montaña, en Becerreá. Estes son os outros dous centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural.•
CURSO SOBRE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL
• Durante a semana do 21 de novembro, terá lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño o cuarto curso do IV Campus de Emprendemento Sostible.
Baixo o título «Maduración da idea empresarial, o curso vai dirixido ás persoas que xa teñan máis avanzada a súa idea de negocio.
• O curso ofrece asesoramento sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental, e económico-financeira dos proxectos.
• Este curso tamén inclúe visitas a empresas consolidadas da nosa provincia, como Milhulloa, Granxa Maruxa, Parada das Bestas, ou Arqueixal.
• Ao remate do ciclo teórico-prático, haberá titorías individuais para un asesoramento máis personalizado, co fin de culminar as ideas empresariais.
• As inscricións e toda a información do curso está no portal www.deputacionlugo.gal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo, a provincia con máis inspeccións nesta campaña da uva

Seguinte Nova

A Xunta implantará no Hospital Lucus Augusti un sistema de localización e guiado de pacientes a través dunha app

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: