• O organismo provincial destina a Pantón 60.000 euros para melloras no abastecemento de auga en núcleos rurais • A Deputación aprobou 150.000 euros para accesos e estradas municipais en varios núcleos rurais de Láncara
• Un total de 11 concellos lucenses vanse beneficiar de novas actuacións financiadas pola Deputación de Lugo, para a mellora das prestacións públicas. A Xunta de Goberno do organismo provincial aprobou o pasado 3 de novembro novos investimentos no rural lucense por un importe de case 1,5 millóns de euros.
MELLORAR ABASTECEMENTOS DE AGUAS OU ACCESOS A NÚCLEOS, ENTRE OUTRAS OBRAS
Este orzamento destinarase a financiar melloras en abastecementos de auga, arranxos en accesos a máis de 50 núcleos rurais e a construción dun centro de día para maiores no Chao de Pousadoiro, no concello de Ribeira de Piquín.

ACTUACIÓNS EN PANTÓN E LÁNCARA
Segundo explicou o vicepresidente da Deputación e voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, no sur de Lugo serán dous os concellos beneficiados por estes investimentos.
Por una banda, a Deputación vén de aprobar un investimento en Pantón de 60.000 euros, destinados a mellorar o abastecemento de auga nos núcleos rurais de Guítara, Toldaos, Curro, Verdeal e Goián.
Por outra banda, en Láncara o Goberno provincial destinará 150.000 euros para acondicionar estradas e accesos municipais aos núcleos de Vilarello, Armeá de Abaixo, Ronfe, Sobrerriba, Busto-Cedro, Armada, Villouzan, Cabezais, Louseiro-Toldaos, e Monseiro.

MELLORA DE TRAMOS MUNICIPAIS E DE ACCESO A VÍAS PRINCIPAIS
No resto da provincia, os novos investimentos da Deputación inclúen 126.000 euros para arranxar e sinalizar vías e accesos municipais en 24 núcleos rurais de Navia de Suarna, así como preto de 50.000 euros en Palas de Rei para mellorar un treito da LU-P-2901 que dá acceso á autovía a Santiago.

MELLORA A POTABILIZADORA DE ALFOZ, O AUDITORIO DE RIBADEO, E A POSTA EN MARCHA DUN CENTRO DE DÍA DE RIBEIRA DE PIQUÍN
En Cervantes, a Deputación investirá 19.000 euros mellorar o alumeado público no Piornedo, fóra do núcleo central, que xa foi mellorado. A achega para Alfoz será de 150.000 euros, con destino á mellora da ETAP e de cinco accesos a núcleos. Ribadeo acondicionará o Auditorio Municipal Hernán Naval coa aportación provincial de 60.000 euros.
A Deputación colaborará co concello de Ribeira de Piquín na posta en marcha do Centro de Día de Chao de Pousadoiro, cun importe de preto de 70.000 euros.

ACONDICIONAMENTO DUN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO OU DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO
Os 144.000 euros que o organismo provincial destina a Ourol servirán para acondicionar o pavillón deportivo, varios accesos a núcleos, e mellorar a canalización de auga á Casa Consistorial. En Lourenzá, a achega provincial destinarase a mellorar o tramo do Camiño de Santiago de Zapateiro a San Adriano.

COSPEITO SUMA A MAIOR APORTACIÓN PROVINCIAL DESTA VOLTA
Por último, en Cospeito os 481.741 euros que aporta a Deputación servirán para mellorar as redes de abastecemento de auga nun total de 12 núcleos rurais.•