A comezos deste mes, o presidente da Xunta en funcións presentou un programa piloto que vai mellorar a atención á parada cardiorrespiratoria fóra dos centros sanitarios.
O proxecto está baseado na coordinación dunha rede de voluntarios que, a través dunha aplicación móbil, enviarán unha notificación cando se produza un acontecemento destas características nun lugar público da súa contorna. Os voluntarios recibirán formación en soporte vital básico, para poder auxiliar á persoa mentres non chegan os servizos sanitarios.
Aínda que en principio os voluntarios serán os da Cruz Vermella, o obxectivo é crear un rexistro de persoas formadas en soporte vital básico, listas para seren activadas. A información cruzarase co rexistro de desfibriladores externos de Galicia.
Feijóo destacou que esta iniciativa é un dos 11 programas que está a coordinar o 061 para mellorar a xestión das emerxencias sanitarias en Galicia.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro