•O equipo senior feminino disputará a final no pavillón do Novo Chanto o domingo 13 de novembro fronte ao Arxil Mafari Café
• O CB Sarria está ás portas de sumar un título ao seu palmarés, grazas ao bo papel realizado polas xogadoras senior na Copa Galicia.
As compoñentes do Neumáticos Sarria lograron o pase á final do torneo galego, logo dunha cómoda vitoria fronte ao La Salle de Santiago. As sarrianas, adestradas por Maísa López, solventaron sen contratempos un cómodo partido na casa diante do seu público, ao que agasallaron cun contundente 69-38.
As sarrianas teñen depositadas todas as ilusións na final da Copa Galicia, que terá como escenario o pavillón do Novo Chanto de Sarria. O encontro, fronte ás pontevedresas do Arxil Mafari Café, terá lugar o domingo 13 de novembro.•