Ata o 18 de novembro para participar dende Láncara e O Páramo no concurso «Receitas da Biosfera»

A deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, na presentación do concurso Receitas da Biosfera. GPDL
A deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, na presentación do concurso Receitas da Biosfera. GPDL
• A Deputación de Lugo ten en marcha o proxecto Receitas da Biosfera, co obxectivo de promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos. O proxecto inclúe dous concursos de receitas, tanto de tapas como de menús, elaboradas con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses.
CÓMO PARTICIPAR
Os concursos van dirixidos a persoas non profesionais, que sexan residentes nos 29 concellos que forman estos espazos naturais, entre os que están Láncara e O Páramo. As receitas poden presentarse ata o 18 de novembro. Na modalidade de menú, hai que presentar tres receitas, para primeiro prato, segundo e sobremesa. Un mesmo participante poderá presentarse na modalidade de tapa e de menú.
PREMIOS
Para os menús, haberá tres premios, de 500, 300 e 150 euros, e para as tapas, serán de 200, 100 e 50 euros. As dúas mellores receitas formarán parte do libro «Receitas da Biosfera». Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornada técnica en Monforte sobre ITEAF

Seguinte Nova

Exposición fotográfica de Iván Merayo no Museo Provincial de Lugo

Últimas noticias sobre EVENTOS

   
A %d blogueros les gusta esto: