Ata o 23 de novembro para solicitar praza no programa «Xuntos no Nadal»

• A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, dependente da Consellería de Política Social, ten aberto o prazo de solicitude para participar no programa Xuntos no Nadal. Esta iniciativa vai dirixida a persoas maiores de 60 anos que se atopen soas, por carencia de entorno familiar o de amistades, ou por calquer outra circunstancia, e que queiran pasar o Nadal en compañía.
Ata o 23 de novembro poden presentarse as solicitudes para optar ás 240 prazas do programa. As solicitudes poden presentarse nos servizos sociais comunitarios dos concellos, departamentos de traballo social de hospitais e centros de saúde, xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de Benestar dependentes da Consellería de Política Social.
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM, correspondente a 532,51 euros ao mes, asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 euros.
O programa desenvolverase do 23 de decembro ao 2 de xaneiro, e inclúe aloxamento e pensión completa nas Residencias de Tempo Libre do Carballiño ou de Panxón en Nigrán, o traslado en autobús dende as sete capitais galegas ata a residencia, e a viaxe de volta. Durante a estancia, haberá diversas actividades de animación sociocultural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Descubren unha nova especie de fungo na Reserva da Biosfera Terras do Miño

Seguinte Nova

Melloras no aparcadoiro do Parque dos Condes de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: