Ata o 30 de novembro para ver en Ferreira a mostra do Outono Fotográfico 2016

O segundo andar do Edificio Sociocultural de Ferreira acolle a exposición correspondente ao Outono Fotográfico 2016, baixo o título “Máis Alá”. Comisariada por Manuel Blanco Guerra, “Máis Alá” amosa as diferentes visións de 20 fotógrafos sobre a relación dentro-fóra, na busca da relación e a unidade, pero sempre lonxe da uniformidade, segundo explica Juan Rúa na programación da mostra. Todos os traballos, únicos, pois a creatividade leva a cada un polo camiño sempre inacabado do seu propio estilo persoal, teñen como telón de fondo o amor e a paixón.
A mostra colectiva instalada en Ferreira está deseñada e producida pola Asociación Fotográfica O Potiños, e organizada polo Concello de Pantón en colaboración co Outono Fotográfico de Ourense. Pode visitarse de luns a venres de 10 a 20 horas, e os sábados de 10 a 13 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O grupo A Adala representará a comedia familiar «Unha morta moi viva» o domingo 13 en Pantón

Seguinte Nova

A biblioteca do CEIP Monte Baliño súmase ao plan da Xunta de mellora das bibliotecas escolares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss